PyDay Galicia é unha conferencia feita pola comunidade pensada para a divulgación e colaboración dentro da comunidade de desenvolvedores.
Valoramos a participación de cada membro da comunidade Python e queremos que tódolos asistentes teñan unha experiencia entretida e satisfactoria. Para iso, agárdase que tódolos asistentes amosen respecto e cortesía cara ó resto durante a conferencia e tódolos eventos relacionados con ela, estean oficialmente auspiciados por PyDay Galicia ou non.
En concreto, todos os delegados, disertadores, expositores e voluntarios que tomen parte en actividades relacionadas con PyDay Galicia deberán acatar o presente código de comportamento. Os organizadores coidarán do cumprimento de este código durante o evento.
Enténdese por acoso todo comentario ofensivo alusivo ao sexo, preferencias sexuais, discapacidades, aspecto físico, etnias e relixións; toda pornografía en espacios públicos; toda intimidación deliberada, axexo ou persecución; todo acoso mediante fotografías o grabacions; toda interrupción constante de charlas ou outras actividades; todo contacto físico inapropiado e toda proposta sexual non desexada.
Os participantes que sexan apercibidos deberán desistir inmediatamente da súa actitude.
Os expositores, as casetas ou pabellóns de patrocinadores ou empresas e actividades similares tamén están suxeitas á política antiacoso. En particular, os expositores non deberían utilizar material ou levar a cabo actividades sexistas. O persoal das casetas (incluíndo voluntarios) non deberían utilizar uniformes ou vestimentas sexistas, posto que se crearía un ambiente sexualizado.
Coida a túa linguaxe. Recorda que as bromas sexistas, racistas e excluíntes en xeral poderían ofender a outras persoas. A linguaxe excesivamente soez e as bromas ofensivas son inapropiadas en PyDay Galicia.
Se algún participante infrinxira este código de comportamento, a organización poderá tomar as medidas que considere oportunas, como a amonestación ou a expulsión sen dereito a reembolso.
Se estás sendo obxecto de acoso, notas que alguén está a ser acosado, ou tes calquera outra preocupación, por favor ponte en contacto cun membro do persoal da conferencia, que recoñecerás por portar elementos distintivos.
Se trátase dunha cuestión especialmente urxente, diríxete a calquera dos integrantes da organización para que che indiquen como proceder.
O persoal da conferencia axudará gustosamente ós participantes a que se poñan en contacto co persoal de seguridade do lugar ou a policía local, e proporcionará escolta ou socorrerá de calquera outra forma ás vítimas de acoso para que poidan sentirse seguras durante el desenvolvemento da conferencia. O teu benestar é unha das nosas prioridades.
Grazas por facer de este un evento aberto á comunidade e amistoso.
Este Código de Comportamento baséase nos seguintes códigos:
PyCon US 2013 https://us.pycon.org/2013/about/code-of-conduct/
PyConAr 2012 http://ar.pycon.org/2012/conference/diversity/
e atópase dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución 3.0 España.